Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A primeira quenda do campamento urbano de Verán de Tui xa está en marcha.

3/07/2013

120 rapaces participan nesta quenda

 

Martes, 2 de xullo de 2013. Onte luns comezou a primeira queda dos campamentos urbanos de verán de Tui que organiza o Concello de Tui, no novo pavillón de deportes da cidade.

 

Nun horario de 9 h á 14h os máis de 120 nenos e nenas participantes están repartidos en grupos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

 

Os campamentos urbanos e deportivos de verán son unha oportunidade para crear espazos de convivencia e socialización para os nenos e nenas de Tui. Nas actividades previstas pretendese o fomento de hábitos de vida saudables, a educación en valores, o respecto a un mesmo e aos demais así como ao noso entorno, artellados en torno á practica deportiva e de xogos.