Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A primeira andaina saudables eurocidade 2013 "Bouça Velha" contou con 70 participantes baixo unha intensa choiva

11/03/2013

Luns, 11 de marzo de 2013. O pasado sábado comezou o Circuíto de Andainas Saudables Eurocidade 2013, organizado pola Eurocidade Tui-Valença en colaboración co a Agrupación de Cooepración Territorial Galicia Norte de Portugal, o Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia, coa realización da andaina Bouça Velha dende a freguesía de Sanfins, en Valença.

 

As 10.00 horas españolas máis de 70 persoas, entre camiñantes, organización e bombeiros voluntarios de Valença, déronse cita na Capela da Señora dos Remedios, na freguesía de Sanfins, onde recibiron o pasaporte das andainas, un podómetro, amais da froita e auga como avituallamento.

 

Pese a intensa choiva e vento, os camiñantes percorreron os 10 quilómetros da andaina, polas freguesías de Sanfins e Gondomil, guiados polos monitores do Club Celtas do Minho, co apoio dos Bombeiros Voluntarios de Valença e co avituallamento do Hiper GADIS.

 

As fotos desta andaina poden verse na páxina de facebook “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”.

 

A próxima andaina realizarase o domingo 31 de marzo, “Rego da Pedra”, sendo o punto de encontro a Casa Forestal do Monte Aloia, as 10.00 horas españolas. O percorrido terá una distancia aproximada de 8 quilómetros, cun tempo estimado de dúas horas e media, e unha dificultade baixa.