Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do libro de poemas “Mis dos amores” da tudense Inés Martínez

17/01/2024

Será o próximo luns, 22 de xaneiro, ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez

O vindeiro luns, 22 de xaneiro, ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez, terá lugar a presentación do libro de poemas “Mis dos amores” da moza tudense, de 15 anos de idade, Inés Martínez. 

Nesta presentación a autora estará acompañada polo profesor Felín Romero Lorenzo e por Ángela Martínez Gómez que abordarán nas súas intervencións, respectivamente, o comentario deste libro así como unha visión da traxectoria poética da autora, que a pesar da súa idade leva moito tempo dedicada con intensidade á creación literaria.

En palabras de Inés Martínez neste o seu primeiro libro pretende recoller á poesía “coma unha arte de vida”. Nesta obra recolle unha escolma da súa produción literaria pois xunto aos poemas se editan diversos relatos centrados en temática arredor da  “paixón, a traizón, un novo comezar, un novo amor.”

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, congratúlase por esta presentación do libro “Mis dos amores” obra prima de Inés Martínez por canto significa a incorporación dunha nova autora ao panorama da vida cultural tudense, valorando especialmente o empuxe desta moza de 15 anos que se estrea cunha obra literaria moi atraínte. Dende o Concello de Tui exprésase o compromiso de apoio e promoción ao novos valores no ámbito cultural por canto significan un enriquecemento do panorama da cultura de Tui.