Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Presentación do anteproxecto de rehabilitación do Teatro Principal

23/06/2020

O próximo xoves, 25 de xuño, ás 11.30 h na Aula CEMIT, no primeiro andar da Área Panorámica terá lugar a presentación do anteproxecto de recuperación do Teatro Principal de Tui. O acto coincide coa conmemoración da celebración dos Primeiros Xogos florais de Galicia que tiveron lugar no teatro tudense o 24 de xuño de 1891, foron daquela o primeiro acto público celebrado integramente en galego.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e do arquitecto César Portela, autor do anteproxecto. Estarán presentes os voceiros municipais do PP, BNG, C’s e C21, así coma representantes de Zona Franca, da extinta Fundación Teatro Principal, e o cronista oficial de Tui, Ernesto Iglesias Almeida.

Esta presentación poderá seguirse en streaming tanto a través das web municipal tui.gal coma do youtube do Concello de Tui.