Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación das Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra en Tui

30/09/2013

Luns, 30 de setembro de 2013. Este mércores, 2 de outubro, ás 17.00 horas, no Novo Pavillón Deportivo Municipal de Tui, presentaranse as Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra no Concello de Tui para a tempada 2013-2014.

 

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, e os responsables das federacións galegas de patinaxe, balonmán e fútbol, así como os responsables do Club Balonmán Tui, Club Ribex e Club Deportivo Ribadelouro.

 

Dende o Concello de Tui invítase a esta presentación a todos os pais e nais dos nenos e nenas inscritos nestas escolas deportivas.

 

Escola Deportiva de Fútbol e Balonmán

 

Os responsables do club Balonmán Tui e do Club Deportivo Ribadelouro informarán dos horarios establecidos para os diferentes grupos de adestramento.

 

Escola Deportiva de Patinaxe

 

Respecto a actividade de patinaxe, o responsable da Federación Galega de Patinaxe, Alberto Covelo, así como os adestradores do Club Ribex, manterán unha reunión cos pais e nais dos nenos e nenas inscritos nesta actividade, co fin de informar dos horarios e grupos establecidos.

 

Informar que todos os nenos e nenas inscritos durante o período de inscrición foron admitidos nesta nova tempada.