Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación da XLIII Regata Miño Internacional

17/01/2024

Mañá xoves, 18 de xaneiro, ás 11.30 horas, no salón de plenos do concello de Tui, terá lugar a presentación da XLIII Regata Miño Internacional, que se celebrará no río Miño, este sábado 20 de xaneiro, organizado polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa Deputación de Pontevedra e coa Federación Galega de Remo.

Na mesma, estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o director técnico da Federación Galega de Remo, Juan Zunzunegui, o presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, o vicepresidente do club, Luís Moroño, a súa tesoureira, Aurea Gil, acompañados por outros concelleiros e concelleiras da corporación municipal.