Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A partir deste mes de Febreiro, cada último luns de mes, celebraranse na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui, Concertos englobados no "I CICLO DE XOVENES CONCERTISTAS".

25/02/2013
A partir deste mes de Febreiro, cada último luns de mes, celebraranse na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui, Concertos englobados no "I CICLO DE XOVENES CONCERTISTAS".
O Evento está organizado polo Conservatorio Municipal de Música de Tui, en colaboración co Concello de Tui , o ANPA "Mestre Martínez Pose" do propio Centro e a Radio Municipal de Tui.
As datas concretas son:
 
Luns 25 de Febreiro.
Luns 25 de Marzo.
Luns 29 de Abril.
Luns 27 de Maio.
 
Todolos concertos son as 21:00h.
A entrada será gratuíta ata completar o aforo.
O primeiro concerto, será a cargo dos solistas:
Miguel González Diz (Gaita)
1.Luces do Atlántico .......................Ernesto Campos.
    * Amencer en Fisterrra
    * Cabo Home no Solpor.
2.Suite de Xotas.
    *Xota de Santa Xuliana.(Trad)
    *Xota de Fonsagrada. (Trad)
    *Xota de Forcarei. Arreglo de Pablo Seoane.
Tamboril acompañante Ramón Corral Blanco.
Manuel Madarnás Pérez (Trompeta)
1. Ave María .................. Schubert
2. Concerto ................ A. Arutunian
3. My Way .................... F. Sinatra
Con ambos músicos, de pianista acompañante e Rubén López López.