Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os grupos de sete asociación actúan mañá sábado no Festival de Playbacks no Teatro Municipal

4/10/2013

Venres, 4 de outubro de 2013. Sete grupos de asociacións culturais de Tui van actuar mañá sábado no Festival de Playbacks que se vai celebrar no Teatro Municipal a partir das 19h. A entrada será libre.

 

O grupos participantes pertencen ás asociacións culturais San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, A Insua de Caldelas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Santiago de Malvas, O Mosteiro de Pexegueiro e Xuntanza de Randufe. Interpretarán temas de Pitbull, Jennifer López, Spice Girls ou Rihanna. Cada un dos grupos actuará 15 minutos. As portas abrirán ás 18.45h.  

 

 

Festival de Playbacks

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data:  Sábado, 5 de outubro, ás 19h

Entrada gratuíta