Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os e as lectoras de honra da Biblioteca Municipal en 2023 recibiron hoxe os seus diplomas

13/01/2024

Os e as lectoras de honra de Biblioteca Municipal de Tui recibiron hoxe os seus diplomas. Anualmente o centro bibliotecario tudense recoñece ás persoas que máis libros levan en préstamo coincidindo co “Día dos usuarios das bibliotecas”, que se celebra o 11 de xaneiro. É unha xornada de recoñecemento aos principais protagonistas da actividade bibliotecaria, pois as persoas usuarias son parte imprescindible deste servizo público que ten como principal misión favorecer o acceso á lectura e á información da cidadanía.

Esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente, entregaron o seu diploma e un agasallo ás persoas que máis préstamos teñen retirado da Biblioteca ao longo do pasado ano, tanto na categoría infantil coma en adulto.

En Infantil os máis lectores foron Infantil Xoel González Rodríguez con 146 préstamos; Sergio Fontenla Alonso con 142 préstamos e Iria Vázquez González con 122 préstamos. Mentres na categoría de adultos Jose Carlos Garra Aragunde, levou 88 libros en préstamo; Alfredo Godoy Zamorano, 74 libros en préstamo, e Concepción Digón Guzmán, 71 libros.