Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Oficina Municipal de Turismo de Tui atendeu 2.723 consultas no pasado mes de xuño

10/07/2013

Mércores, 10 de xullo do 2013. A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui rexistrou un total de 2.723 consultas neste mes de xuño. A maior parte dos turistas que se achegaron a nosa cidade son nacionais, 1754, sendo a Comunidade de Madrid a de maior representación con 325 consultas. A esta seguíronlle os andaluces cun total de 265 visitantes, seguidos dos propios galegos que viñeron desde diferentes puntos da comunidade.

 

Tamén viñeron a visitarnos desde outras partes do mundo uns 979 turistas, a maior parte deles do noso veciño Portugal, uns 436.Salienta destacar que  aos lusos lle seguiron 155 alemáns , 55 italianos e 54 franceses.

 

Unha significativa parte destas visitas foron de peregrinos, os cales realizaron 926 consultas. Destas,  699 foron de peregrinos chegados de fóra das nosas fronteiras, mentres que os camiñantes nacionais contabilizáronse en 227.

 

Entre os españois recibimos maioritariamente andaluces, galegos, madrileños e valencianos. Dos peregrinos internacionais destaca a presenza dos portugueses, uns 338, seguidos dos chegados de Alemaña, Italia e Francia. Aínda que en menor proporción tamén cabe salientar a visita de peregrinos de todas partes do globo coma Estados Unidos, Holanda, México ou incluso Xapón.