Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O vindeiro vernes 4 de outubro homenaxe aos campións do mundo de maratón de piragüismo: Ivan Alonso, Oscar Graña e Ramón Ferro.

30/09/2013

O próximo venres, 4 de outubro, se realizarán os actos de homenaxe aos campións do mundo de Maratón de Piragüismo, Iván Alonso, Óscar Graña e Ramón Ferro, padeeiros do Club Kayak Tudense, que conseguiron 2 medallas de ouro e unha de prata nos pasados Campionatos do Mundo de Maratón, celebrados en Copenhague (Dinamarca).

 

Os actos previstos serán:

          Recibimento institucional - ás 20.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui.

          Cea Homenaxe - ás 22.00 horas, no Parador de Tui. A cea terá un custe de 18€ por persoa, sendo o aforo limitado a 120 participantes. As invitacións poden recollerse na Cafetería El Pilar, Cafetería El Cielo ou Cafetería La Fábrica de Tui.

 

Os organizadores dos actos, o Concello de Tui e o Club Kayak Tudense, convidan a todos os afeccionados e aos cidadáns tudenses a sumarse a esta merecida homenaxe a este destacados deportistas tudenses que teñen acadado este importante triunfo no ais alta competición mundial na súa especialidade deportiva, colocando, de novo, o nome de Tui no mais alto do podium mundial.

 

O prazo para a retirada de invitacións remata o mércores 2 de outubro ás 22,00 horas.