O Trilho Carvoeira nas Andainas Saudables da Eurocidade Incluída dentro das actividades dos Open Days
Xoves, 10 de outubro de 2013. Este sábado, 12 de outubro, realizarase unha nova andaina saudable organizada pola Eurocidade Valença-Tui, dentro do circuíto de andainas saudables da Eurocidade, que percorrerá a ruta da Carvoeira, na freguesía de Boivao.
A ruta ten como punto de inicio a igrexa matriz de Boivao, no Municipio de Valença, sendo o percorrido circular de 7.8 quilómetros, con unha duración aproximada de 3 horas e media, e dificultade baixa.
O Trilho Carvoeira terá o seu inicio as 10.00 horas españolas dende o punto de inicio. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro quedarase ás 09.50 horas españolas no parking do Lidl de Valença.
Esta andaina enmárcanse dentro do proxecto OPEN DAYS 2013, semana Europea das Rexións e das Cidades, que realizarase do 7 ao 10 de outubro en Bruselas. Trátase dun gran evento de 4 días de duración que se celebra anualmente e que ten como sede os edificios e representacións da Unión Europea en Bruselas. Actualmente converteuse nunha importante plataforma de traballo en rede para expertos no desenrolo rexional e local, e conta coa participación de máis de 6.000 asistentes que tratan temas tan diversos como transporte, enerxía, turismo, desenrolo rural, emprego ou cooperación transfronteiriza.
En paralelo ás reunións, seminarios e eventos de Bruselas, e co título "Europa na miña rexión " o "Europa na miña cidade" celebraranse uns 200 eventos locais en 200 cidades de Europa, entre setembro e novembro de 2013. Entre estes 200 eventos encóntranse os promovidos pola Eurocidade Tui-Valença, que acolle dous andainas saudables os días 29 de setembro e 12 de outubro.