Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Orfeão Edmundo Machado de Oliveira ofrece un concerto na Eurocidade o luns, 9 de xullo, ás 21.30h na Igrexa de San Domingos

6/07/2012

O Orfeão Edmundo Machado de Oliveira ofrece un concerto na Eurocidade

Será o luns, 9 de xullo, ás 21.30h na Igrexa de San Domingos

 

Xoves, 5 de xullo de 2012. A Igrexa de San Domingos de Tui acolle o próximo luns, 9 de xullo, ás 21.30h un concerto do Orfeão Edmundo Machado de Oliveira, enmarcado nas actividades organizadas pola Eurocidade Tui-Valença. Neste caso contan coa colaboración da S.I. Catedral de Tui.

 

O Orfeão Edmundo Machado de Oliveira  está dirixido por Cristina Spadaro. Estará acompañado na parte musical por Natália Horobets e Ana Carolina Constância, ao violín; Pasquale Sansanelli á viola, Natália Ferraz ao violonchelo, Sílvia Oliveira,frauta, Jane Cockshott, oboe e Svetlana Pascoal ao piano.

 

Esta agrupación creouse no ano 1986 tomando o seu nome de Edmundo de Olveira, que foi profesor de moitos dos integrantes do Orfeão. O primeiro director foi José Carlos Rodrigues, que en 2003 foi substituído pola actual directora Cristina Spadaro.  Son numerosos os concertos que nestes 26 anos teñen ofrecido tanto en Portugal, onde actuaron na inauguración do Centro Cultural de Belém ou ante o presidente da República, así coma en Francia, no Parlamento Europeo, ou nas conmemoracións dos 500 anos do descubrimento do Brasil, amais de en Canadá ou Estados Unidos.

 

No seu haber contan con tres traballos discográficos. O primeiro, gravado en 1990 para a UNIFEC, foi disco de prata. O segundo “E da Lava se fez Música” foi gravado en 1999, e o terceiro titúlase “Sons e Tradiçoes”

 

O repertorio do Orfeão Edmundo Machado de Oliveira  é moi amplo e vai dende a música clásica á música popular portuguesa e da Azores. Unha pequena mostra do mesmo van interpretalo o luns en Tui.

 

Programa:

1.     

O Tanchão (trad. Ilha S. Miguel) – arr. C. Spadaro/P. Sansanelli

2.     

Merceana (trad. Ilha S. Miguel) - arr. C. Spadaro

3.     

Meu bem (trad. Ilha Terceira) – arr. A. P. Andrade

4.     

De madrugada(trad. Ilha S. Miguel) – arr. A. P. Andrade

5.     

Saudade (trad. Ilha S. Miguel) – arr. P. Sansanelli)

6.     

Mané chiné(trad. Ilha das Flores) – arr. A. P. Andrade)

7.     

Saudade (trad. da IlhaTerceira)– arr. C. Spadaro

8.     

Chamateia

Letra de A. Sousa; Música de L. A. Bettencourt e arr. C. Spadaro

9.     

Tirana (trad. Açoriana) – arr. A. P. Andrade

10.  

Olhos negros (trad. Ilha Terceira) – arr. A. P. Andrade

11.  

Boi do mar

Letra – V. R.Dores-Música – L. A. Bettencourt– arr. E. Porto – adaptação para cordas e sopros C. Spadaro

12.  

Fotografia digital

Letra e música de L.A. Bettencourt – arr. C. Spadaro/P. Sansanelli

 

Orfeao Edmundo Machado de Olveira

Lugar: Igrexa de San Domingos

Data: Luns, 9 de xuño ás 21.30h

Entrada gratuíta ata completar o aforamento