Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O martes a corporación municipal celebra pleno extraordinario

7/07/2023

A corporación municipal de Tui celebrará o próximo martes, 11 de xullo, ás 20 h sesión plenaria de carácter extraordinario con doce puntos na orde do día. Son os seguintes: 

1º. Aprobación, se procede, dos borradores das actas das sesións anteriores: extraordinaria nº 6/2023, do 17/06/2023 e extraordinaria nº 7/2023, do 23/06/2023.

2º. Expediente 1419/2023. Proposta de Alcaldía de data 06/07/2023 sobre creación e composición das comisións informativas permanentes.

3º. Expediente 1419/2023. Proposta de Alcaldía de data 04/07/2023 sobre nomeamento de representantes do Concello no Consello de Goberno da Radio.

4º. Expediente 1419/2023. Proposta de Alcaldía de data 03/07/2023 sobre nomeamento de representantes do Concello no Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro.

5º. Expediente 1419/2023. Proposta de Alcaldía de data 03/07/2023 sobre nomeamento de representantes do Concello nos Consellos Escolares.

6º. Expediente 1419/2023. Proposta de Alcaldía de data 03/07/2023 sobre nomeamento de representantes do Concello na Mancomunidade do Baixo Miño.

7º. Expediente 1525/2023. Proposta de Alcaldía de data 06/07/2023 sobre supresión de posto de traballo de persoal eventual.

8º. Expediente 1419/2023. Proposta de Alcaldía de data 05/07/2023 sobre aprobación de dedicacións exclusivas e parciais, determinación do importe por asistencias a órganos colexiados e asignación de dotación económica aos grupos políticos municipais.

9º. Expediente 1529/2023. Proposta de Alcaldía de data 06/07/2023 de modificación Base 54 das Bases de Execución do Orzamento do Concello de Tui correspondente ao exercicio 2022, actualmente prorrogadas para o 2023.

10º.Expediente 1419/2023. Proposta de Alcaldía de data 30/06/2023 sobre periodicidade das sesións ordinarias do Pleno Corporativo.

B) Actividade de control:

11º. Dación de conta dos escritos remitidos polas formacións políticas e concelleiros/as electos/as sobre constitución dos Grupos Políticos Municipais.

12º. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía de data 04/07/2023 sobre nomeamento de membros da Xunta de Goberno Local e delegación de competencias na mesma, sobre nomeamento de Tenencias de Alcaldía e sobre delegación de competencias da Alcaldía.

 

 Convocatoria sesión plenaria nº 8/2023 de pleno extraordinario do martes, 11 de xullo, de 2023