Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns preséntase o programa do MUMI, III Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal

16/09/2022

O próximo luns, 19 de setembro, ás 11:30 horas, presentarase a programación oficial do MUMI 2022 - III  Encontro Profesional de Música de Galicia e Portugal. O acto terá lugar na Pousada de San Teotonio na Fortaleza Municipal de Valença, e contará coa participación de:

  • Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.
  • Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui.
  • Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença.
  • João Silva, Direcção Cultura do Norte.
  • Ana Laura Iglesias, Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra.
  • Diana Ferreira Martins, MUMI - Portugal.
  • Manuel Roxo, MUMI - Galiza.

No acto presentaranse os detalles do programa que durante catro días reunirá a empresas, artistas e profesionais ao redor das músicas feitas na Galiza e Portugal, cunha programación de faladoiros, showcases e e speedmeetings para público profesional, e tamén con actividades abertas á cidadanía, en localizacións emblemáticas de Tui e Valença.