Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O domingo celebrouse a XXVI Carreira Popular de Xuntanza

28/08/2012

Este domingo, 26 de agosto, celebrouse na parroquia tudense de Randufe a XXVI Carreira Popular organizada pola Asociación Cultural Xuntanza coa colaboración da concellería de Deportes do Concello de Tui.

 

Trátase dunha proba popular plenamente consolidada que ano a ano vai incrementando a súa participación, non so con corredores de Tui senón tamén doutros puntos da provincia e do norte de Portugal. O ano pasado tomaron parte na mesma 270 persoas. Establécense distintas categorías en función da idade dos participantes de tal xeito que os máis pequenos de 2 a 4 anos tiveron que percorrer 100 metros, e os que superan os 16 anos deberon afrontar 8 quilómetros.

 

O concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, quere felicitar á Asociación Cultural Xuntanza pola organización un ano máis desta carreira popular que conta xa con gran tradición en Tui, e que cada ano suma máis participantes.