Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Consorcio de Augas do Louro reabre as oficinas de atención presencial ao público

22/05/2020

Dende o vindeiro luns, 25 de Maio, volverán a estar abertas as oficinas de atención ao público en cada un dos catro concellos do Consorcio do Louro: Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos.

Terán un aforo limitado a unha persoa no interior da oficina e porán a disposición da persoa usuaria xel hidroalcohólico para a desinfección das mans, lembrando amais a obrigatoriedade do uso da máscara para o acceso.

Situación das Oficinas:

  • Tui  
    • Rúa Coruña, 10
  • Salceda de Caselas
    • Pontevedra, 27
  • O Porriño
    • Rúa Ramón González, 44, 2ºB
  • Mos
    • Autovía, 84

O teléfono de atención é o 900 81 01 03