Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Conservatorio organiza o I Ciclo de Xoves Concertistas

20/02/2013

O CONSERVATORIO DE MÚSICA ORGANIZA O “I CICLO DE XOVES CONCERTISTAS”

Terá lugar todos os últimos luns de cada mes

 

 

A partir deste mes de febreiro cada último luns de mes o Conservatorio Profesional de Musica do Concello de Tui organiza un ciclo de concertos na Sala de Audicións do propio Conservatorio  agrupados baixo a denominación de "I CICLO DE XOVES CONCERTISTAS". Conta para esta iniciativa coa colaboración do Concello de Tui,  a ANPA "Mestre Martínez Pose" do propio Centro e a Radio Municipal de Tui.

 

As datas concretas son de realización destes concertos son:

Luns 25 de Febreiro.

Luns 25 de Marzo.

Luns 29 de Abril.

Luns 27 de Maio.

Todos os concertos son ás 21:00h. A entrada será gratuíta ata completar o aforo.

 

O primeiro concerto será este luns 25 de febreiro e estará a cargo dos solistas Miguel González Diz (gaita) e Manuel Madarnás Pérez (trompeta). Con ambos músicos, de pianista acompañante actuará Rubén López López.

 

O programa deste primeiro concerto é o seguinte

 

Miguel González Diz (Gaita)

 

1.Luces do Atlántico de Ernesto Campos.

    * Amencer en Fisterrra

    * Cabo Home no Solpor.

2.Suite de Xotas.

    *Xota de Santa Xuliana. Recollida na Fonsagrada

    *Xota de Fonsagrada. Recollida na Fonsagrada

    *Xota de Forcarei. Arreglo de Pablo Seoane.

 

Manuel Madarnás Pérez (Trompeta)

 

1. Ave María de Schubert

2. Concerto de A. Arutunian

3. My Way de F. Sinatra