Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O concello realizou obras e investimentos nos diversos centros escolares do municipio

11/09/2013

Mais de 1400 escolares inician hoxe o curso 2013/14

Mércores, 11 de setembro de 2013. O Concello de Tui ten realizado nos dous últimos meses diversas intervencións nos distintos centros escolares do noso municipio para garantir que no inicio do novo curso escolar estes centros posúen as condicións axeitadas para acoller aos nenos e nenas que acoden ás aulas

Entre as actuacións realizadas compre reseñar:

  • Drenaxe da pista deportiva e adecuación da mesma, asi como pintar aulas e colocación do cableado no CEIP nº 2 de Tui

  • Adecuación e pintado de aulas así como trasteiros en despachos de titorías no Ceip de Randufe

  • Pintado de aulas no Ceip de Rebordáns

  • colocación de cortiza en escenario, aula de música e zona de infantil ais como baldas en aulas no Ceip de Guillarei 

  • En Baldráns adecuación patio traseiro e pintado do hall de acceso

  • En Pexegueiro pintar baños

Dende o Concello de Tui se resalta que estas actuación responden ás peticións formuladas polos diversos consellos escolares e que foron atendidas en máis dun 80%. Igualmente cabe lembrar que as competencias do Concello en materia de centros educativos abrangue unicamente o mantemento dos mesmos e non a realización de investimentos que corresponden á administración autonómica.

Deste xeito aos máis de 1400 rapaces que iniciaron hoxe o curso escolar atoparan os seus centros en axeitadas condicións para o desenvolvemento da súa actividade académica, sen prexuízo de completar, en datas vindeiras, algunhas pequenas obras de mantemento e conservación.

O Concello de Tui agradece a colaboración da comunidade educativa dos diversos centros de ensino no traballo de inicio deste novo curso escolar 2013/2014