Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O Concello de Tui reforza a recollida selectiva no rural con 40 novos colectores de envases

21/04/2020

O Concello de Tui recibiu no día de onte corenta novos colectores para a recollida selectiva que se van distribuír polas parroquias. Coa adquisición deste novos contedores, que están fabricados con material reciclado refórzase a recollida e envases lixeiros nas parroquias logo de detectar un incremento importante no volume deste tipo lixo e a demanda destes colectores para o seu depósito.

Ao longo deste ano, segundo avanza o alcalde, Enrique Cabaleiro, realizaranse novas adquisicións de colectores para seguir estendendo a recollida selectivo e atender así as demandas da veciñanza neste senso.