Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O concello de Tui realizará un curso preparatorio para o exame Celga 3

8/03/2013

Venres, 8 de marzo de 2013. O Concello de Tui anuncia a concesión por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dun curso preparatorio da proba de acreditación do certificado de lingua galega  (CELGA) no nivel 3.

 

Na páxina web do Concello de Tui no seu apartado de “Centro de formación e emprego” (http://www.concellotui.org/archivos/Celga/ListaCelga3.pdf) figura a lista de admitidos e reservas a este curso de formación.

 

Este curso desenvolvérase no Centro de Formación do Concello de Tuientre o 15 de abril e o 24 de maio, con 70 horas de duración de luns a venres de 10,00 a 12,30 horas.

 

O CELGA é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Configurado mediante distintos niveis de lingua, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos:

 

-          Lingua e comunicación: funcións comunicativas

-          Lingua e sistema: coñecemento do código e

-          Lingua, cultura e sociedade: contidos socioculturais.

 

Os certificados obtéñense mediante un exame que deberá ser superado e que terá lugar nunha única convocatoria anual. Esta proba será de carácter obrigatorio e avaliada por un tribunal; a asistencia aos cursos preparatorios non dá dereito a obter un certificado.