Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui lanza unha enquisa para coñecer o grao de dixitalización do comercio local

24/01/2024

Forma parte do Plan de Acción financiado con fondos europeos

Coñecer o grao de dixitalización do comercio local é o obxectivo da enquisa que pon en marcha o Concello de Tui dirixida ao tecido comercial tudense.  Esta acción forma parte do Plan de Acción para a Dixitalización do Comercio en Tui que esta en marcha financiado por fondos europeos Next Generation ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Este Plan está integrado no proxecto de "Reforma e modernización do mercado municipal e dixitalización e revitalización do comercio local de Tui" que se está a executar.

Dende o Concello de Tui convídase aos e ás comerciantes tudenses a participar nesta enquisa accesible a través da páxina web municipal, tui.gal.

Na enquisa pregúntase polos factores importantes á hora de decisión de compra dos clientes do establecemento, e como os procesos de dixitalización, sostenibilidade, globalización,  ou o cambio nos hábitos de compra afectan ao desenvolvemento e crecemento da empresa. Outra das cuestións plantexadas busca coñecer se o  establecemento ten implantadas ferramentas de dixitalización ou está en proceso de transformación dixital. En caso afirmativo o cuestionario continúa preguntando polo motivo polo que se implementaron estas ferramentas, á importancia que se considera ten o grao de dixitalización da empresa, as ferramentas implantadas, e cales se destinan á promoción ou marketing,  áreas máis afectadas pola dixitalización e as melloras que a dixitalización conleva.

Dende o Concello de Tui quérese destacar a importancia de lograr unha elevada participación na enquisa por parte do sector comercial, xa que os datos obtidos na mesma servirán para coñecer o nivel de dixitalización do comercio local, e en base aos mesmos identificar as oportunidades e desafíos deste proceso de dixitalización que se pon en marcha.

Os resultados obtidos na enquisa teranse en conta na elaboración do Plan de Acción para a transformación dixital do comercio en Tui dando resposta ás necesidades do sector de cara ao fortalecer o comercio local.

Contestar enquisa