Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O circuito de andainas saudables Eurocidade 2013 comenza este sábado co Trilho Bouça Velha en Valença

6/03/2013

 

Mércores, 6 de marzo de 2013. O próximo sábado comeza unha nova edición do Circuíto de Andainas Saudables Eurocidade, que neste ano 2013 contará con 17 percorridos polo municipio de Valença e polo concello de Tui.

 

O Trilho Bouça Velha terá o seu inicio as 10.00 horas españolas, dende a Capela da Señora dos Remedios, en San Fins (Valença), tendo unha distancia de 10 qm, unha duración aproximada de 4 horas e unha dificultade baixa. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro quedarase ás 09.50 horas españolas no parquing do Lidl de Valença.

 

Nesta primeira andaina entregarase a tódolos participantes o pasaporte do circuíto de andainas, un podómetro para calcular a distancia percorrida, así como un avituallamento.

 

Pódese seguir toda a información na páxina:

 

Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables

 

Puntos de encontro:

·         Ás 10.00 horas españolas42° 1'8.49"N/8°34'11.37"W

·         Ás 09.50 horas españolas no parquing do Lidl de Valença

  Trilho Bouça Velha