Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O CEDIM colabora nun taller “Cóidate Nai” dirixido a futuras nais ou as que o foron recentemente

7/06/2012

O taller está organizado pola empresa www.regalatetiempo.com , de dúas emprendedoras de Tui e colabora o Centro de Dinamización Integral para as Mulleres - CEDIM de Tui, na súa labor de fomento e apoio ao autoemprego, que constitúe un dos seus obxectivos principais.

 

Terá lugar o día 08 de Xuño ás 17:00h e vaise celebrar no Edificio Área Panorámica, no seu primeiro andar, nun ambiente recollido e íntimo e de maneira totalmente gratuíta.

 

O contido deste taller está integrado por unha presentación de cremas Mary Key para nais, a cargo  de Virginia Treceño; unha charla sobre saúde sexual presentada por Noelia de Dolce Love; unha charla sobre masaxes e aceites naturais con Rosa Fernández; ideas para organizar unha festa para o bebé e para rematar unha sesión de maquillaxe exprés.

 

 

O CEDIM é un Proxecto europeo, que pretende promover redes de cooperación transfronteiriza, coa creación de Centros para a Dinamización das Mulleres, de ambos lados da fronteira. Este Centro de Tui pretende optimizar os recursos e impulsar políticas de igualdade, de autoemprego, de formación, etc conformando así un novo servizo compartido da Eurocidade Tui-Valença, pero cunha vocación de atender ás mulleres do Baixo Miño e outras comarcas de Galicia e da zona do Alto Minho portugués. Ademais do Centro de Tui existen outros nos Concellos de A Cañiza, Monterrei e Vila Verde.

 

As entidades responsables deste Proxecto son a Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Comissâo para a Cidadanía e Igualdade de Género de Portugal e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Este proxecto está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, e nun 25% polas entidades responsables. O Concello de Tui tamén colabora neste proxecto, facilitando as instalacións e os medios necesarios para levalo a cabo.