Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A música gran protagonista esta fin de semana na programación de Nadal en Tui

15/12/2023

Prosegue o Mercado de Nadal na Corredoira e as rúas transfórmase coa decoración destas datas

A música é a gran protagonista na programación “Tui, o Camiño do Nadal” esta fin de semana. O concerto de Nadal da Eurocidade, as actuacións do alumnado do Conservatorio e da Escola de Música, e do grupo Leira Rock no Mercado de Nadal centran a proposta musical. A todo isto súmase o Mercado Nadal na Corredoira e o Mercadillo Solidario de Libros na Biblioteca.

Hoxe venres volverá actuar na carpa no Paseo da Corredoira o alumnado do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui. Haberá dous concertos ás 17.30 h e ás 19.00 h.

Mañá sábado, ás 21.30 h, no Teatro Municipal  de Tui terá lugar o concerto de Nadal da Eurocidade Tui-Valença baixo o título de “Nadal de Cristal”. Correrá a cargo de Mistura Vocal, Kasual Quartet, Vocalis Contrasta e o Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença. Van máis de 320 entradas vendidas para este evento musical. As entradas pódense mercar en tui.gal e cm-valenca.pt aos prezos de 6€ e 4,5 € até dez minutos antes do inicio do concerto.

Os dezasete postos do Mercado de Nadal abrirán hoxe venres de 17 a 23 h no Paseo da Corredoira. Nesta segunda quenda participan o Club Patinaxe Artístico Ribex con plantas de pascua, gofres, creps, doces de Nadal; MycogaliciaPlantae con libros, xogos de mesa, tazas, chapas, camisetas, bolsas…;Bordahilo + essentiahm con  Produtos bordados con motivos de Nadal, produtos artesanais de agasallo realizados con cera, resina á auga…; Suso Cesteiro con cestos de mimbre; BC Artesanía do camiño con decoración de Nadal, xoiería artesá en madeira, prata, latón, acibeche, conchas e pedras preciosas; ArtenJoya con pezas artesanais feitas a man, con filigrana e bordado ao aire; Apicultura Niño do Corvo con mel e produtos relacionados co mel; Mar González Dist. con produtos calabizo, croquetas gourmet, patatas chip gourmet; Federación de Anpas Aloia-Asanog con produtos de téxtil infantil; Amor(in) con adornos de Nadal, regalos, bolsos; Diademas Cinnia con guirnaldas de Nadal, sacos térmicos, mandilóns; Galicuero con coiro, hamabeats e madeira; Bruji con produtos artesáns con usa da serigrafía artística e pintura a man; Protectora de Animais Aloia con produtos do refuxo, de segunda mano, libros; a Foodtruck Ruta 82; a Churrería chocolatería Patry e o Grupo Scout Alhoia.

O mercado abrirá mañá sábado de 12 a 14 h e de 17 a 23 h e o domingo de 12 a 14 h e de 17 a 21 h. Amais mañá sábado ás 21 h acollerá o concerto do grupo Leira Rock.

Por outra parte na Biblioteca Municipal continúa o Mercadiño Solidario de Libros con preto de 1000 exemplares a dispor dos interesados a cambio dun lote de produtos de Nadal. Abre de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h.

Cómpre lembrar que na Sala Municipal de Exposición continúa a exposición “Berces da Vida. De paseo polos bosques de España” que chega a  Tui da man de Afundación. E no Anexo está a mostra "Construíndo, Soñando" que amosa distintas construcións realizadas con pezas de Exin por Luís Arias. 

Dentro da programación “Tui, o Camiño do Nadal” as rúas de Tui transfórmanse nestas datas tanto coa iluminación coma coa decoración enchéndose da maxia e da ilusión destas festas con diversos motivos alusivos ao Nadal.  As praza de San Fernando e da Inmaculada, as rúas Ordóñez, Colón, Ourense, ou o Paseo da Corredoira son algúns dos lugares onde se poden ver estas creacións.

Por outra parte froito da iniciativa privada estará en Tui “O Barco de Nadal con chocolate” que brindará un paseo en barco polo Miño da man da empresa Rio Miño en Barco.