Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá sábado ás 12 celébrase o pleno constitutivo da nova corporación municipal

16/06/2023

Mañá sábado, 17 de xuño, ás 12 h terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello de Tui a sesión plenaria constitutiva da nova corporación municipal tras as eleccións municipais celebradas o 28 de maio. 

A corporación municipal de Tui está formada por 17 membros. 

Mañá tomarán posesión da súa acta de concelleiros e concelleiras polo Partido Socialista Enrique Cabaleiro González, Rafael Estévez Martínez, Mª Sonsoles Vicente Solla, Ana María Nuñez Alvárez, Miguel Mendez Moreira e Ismael Diz Garrido. Polo Partido Popular tomarán posesión Nicolás Lorenzo Montes,María Dolores Soto Vilasuso, Dolores Múñiz Sanín, Anabel Solla Mas, Marcelino Enrique Cendón Vázquez e Pilar Gregores Álvarez.

Serán concelleiros e concelleiras do Bloque Nacionalista Galego María Del Carmen Núñez Méndez, Ánxela María Estévez González, Xosué Campos Lages e Xosé Martínez Tato. E tamén tomará posesión da súa acta de concelleiro José Manuel Palacín Rodríguez de Converxencia 21.