Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase a XL Regata Miño Internacional

22/01/2020

Maña xoves, 23 de xaneiro, ás 12.00 horas, no salón de sesións da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación da XL Regata Miño Internacional. Esta proba celebrarase no río Miño, este sábado 25 de xaneiro, organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Remo.

Na presentación mañá estarán presentes o alcalde de Tui en funcións, José Ramón Magán, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, e o vicepresidente do club, Luís Moroño.