Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

17/04/2024

Mañá xoves, 18 de abril, na casa do concello de Tui, terá lugar a presentación do X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade, competición federada organizada pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, que terá lugar este sábado 20 e domingo de 21 de abril, no pavillón deportivo municipal de Valença.

No acto estarán presentes o alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, e o vereador de Desporto de Valença,  Arlindo Sousa, e o presidente da Escola de Baile Pasos Galicia e director técnico do trofeo, Miguel Abreu.