Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o IX Play Doc

6/03/2013

 

Mércores, 6 de marzo de 2013. Mañá xoves, 7 de marzo, ás 11h, no primeiro andar da Área Panorámica terá lugar a presentación das liñas xerais da novena edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui.

 

Comparecerán ante os medios de comunicación o secretario xeral de Cultura da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura de Tui, Vanesa Rodríguez, e os directores de Play-Doc, Sara García e Ángel Sánchez.

 

Lembramos que Play-Doc se vai celebrar en Tui do 13 ao 17 de marzo.