Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá comezan as visitas culturais á cidade histórica de Tui

24/07/2017

De luns a venres realizaranse ás 12h e ás 20h e os sábados, domingos e festivos ás 20h

Mañá martes, 25 de xullo, comezan as visitas culturais á cidade histórica de Tui. Celebraranse de luns a venres ás 12h á cidade medieval, e ás 20h ao barrio xudío. Mentres os sábados, domingos e festivos terán lugar ás 20h cun percorrido pola cidade histórica.

Estas visitas organizadas polo Concello de Tui  teñen carácter gratuíto e unha duración estimada de 60 minutos. O punto de partida é o Punto de Información Turística na praza da Inmaculada. Correrán a cargo do historiador tudense Suso Vila.