Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Joshua Kenneth presenta “Degustación de imposibles” este venres no Teatro Municipal

11/10/2023

A función comezará ás 19.30 h e as entradas pódense mercar até 15 minutos antes en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€

Un espectáculo de maxia para público familiar é o que chega este venres, 13 de outubro, ás 19.30 h, ao Teatro Municipal de Tui. Será “Degustación de Imposibles” con Joshua Kenneth.

Joshua Kenneth quedou fascinado pola maxia cando de rapaz viu a actuación do lendario  Mago Antón. Comezou neste mundo de forma autodidacta, e completou a súa formación na única universidade de ilusionismo do mundo, en San Lorenzo del Escorial, formando parte da primeira promoción da mesma. Aí estableceu contactos con magos nacionais e internacionais.

Este venres presentará en Tui “Degustación de imposibles” é unha obra apta para todos os públicos con impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinas. 70 minutos de asombro, humor e misterio, mesturado cun pouco de historia do ilusionismo. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que deleita ao espectador invitándoo a entrar nun mundo onde todo se presenta susceptible a ser transformado, onde nada e imposible.  

Un dos número que forman parte deste espectáculo no que converte pompas de xabón en moedas valeulle este ano a Joshua Kennet o Premio Frakson, un prestixioso galardón que cada ano, e desde 1979, se outorga ao mellor ilusionista de escena do Estado español.  Amais o ano pasado foi o gañador do Primeiro Premio no Magic Valongo.

As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€ até o venres ás 19.15 h.

 

Entradas