Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Jara García Coello do CEP de Caldelas é a gañadora do concurso escolar da postal de Nadal do Concello de Tui

11/12/2020

O seu deseño será empregado polo Concello para felicitar as festas deste ano

Jara García Coello, alumna de 2º curso de Primaria do CEP de Caldelas, é a gañadora do primeiro premio do concurso escolar para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui para este ano 2020 convocado pola Concellería de Ensino e Cultura, que dirixe a concelleira Sonsoles Vicente Solla.

A responsable desta concellería explica que a finalidade deste certame escolar foi fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal, procurando que os nenos e nenas do noso municipio, expresasen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso Concello.

A primeira edición deste certame contou coa participación dos seguintes centros escolares tudenses: CEP de Caldelas, CEIP’s de Randufe, de Guillarei e Nº 1 e Nº 2 de Tui.

O xurado acordou conceder os seguintes premios:

  • 3º premio á postal presentada por Sergio Vázquez Álvarez de 6º curso do CEIP de Guillarei, consistente nun vale de 50 € para consumir en establecementos comerciais do municipio e lote de libros
  • 2º premio á postal presentada por Sharay Iglesias Rodríguez de 5º curso do CEIP de Randufe consistente nun vale de 70€ para consumir en establecementos de Tui e lote de libros
  • 1º premio á postal presentada por Jara Garcia Coello de 2º curso do CEP de Caldelas consistente nun vale de 100€ para consumir en establecementos comerciais do municipio, un lote de pinturas, bloc e material de pintura e un lote libros, valorado en 40 euros.

 

O debuxo da gañadora será a felicitación oficial do concello tudense neste nadal do ano 2020.