Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe abre o prazo de solicitude das Bolsas a Deportistas Tudenses correspondentes ao ano 2019

26/11/2019

Hoxe martes, 26 de novembro, abre o prazo de solicitude das Bolsas a Deportistas Tudenses correspondentes ao ano 2019, que contarán cun orzamento de 10 mil euros. O obxectivo destas bolsas é facilitar aos deportistas tudenses a práctica deportiva e a súa participación nas competicións de máis alto nivel, valorando así a súa especial dedicación ao deporte, e á súa vez á difusión que realizan da cidade de Tui nos eventos deportivos de carácter internacional nos que participan.

Os requisitos a cumprir para optar a estas bolsas son ser deportista federado, estar empadroado no Concello de Tui e ter participado en competicións de carácter oficial e internacional. Nas bases desta convocatoria establécese un cadro de baremación en base ao que se distribuirá o importe da bolsa concedida.

O prazo de presentación das solicitudes é de 15 días hábiles dende o día seguinte da publicación da convocatoria no BOPPO, o Boletín Oficial de Pontevedra, que tivo lugar onte luns, 25 de novembro. Os interesados deberán presentar a solicitude e a documentación requirida por rexistro de entrada na secretaría do Concello de Tui o na sede electrónica. A información das bases e os formularios de solicitude pódense recoller na mesma secretaría do concello ou descargarlas na paxina web municipal www.tui.gal.

Convocatoria 2019: Bases - Modelo de Solicitude

Publicación no BOPPO