Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Festivais, concertos e cinema conforman a programación ‘Tui, verán na rúa’

7/07/2023

Desenvolverase nos meses de xullo e agosto

Sons de rúa, IKFEM, Música no Claustro, a Noite Internacional do Miño, o Festival de Bandas de Música, a Festa do Miño e proxeccións de cinema conforma a programación “Tui, verán na rúa” que se vai desenvolver no meses de xullo e agosto na cidade.  

Así a programación prevista ábrese con “Sons na rúa” unha iniciativa conxunta da Eurocidade Tui-Valença que ofrecerá oito concertos o venres 14 e sábado 15 deste mes.  O venres o grupo Ponto de Encontro será o encargado de abrir as actuacións ás 17 h ES na praza da República de Valença, onde ás 18.30 h ES actuará Fados e Tal. A proposta musical continuará en Tui onde ás 21 h no Paseo da Corredoira actuará Km Zero e ás 22 h na praza do Concello Acevedos Delgados.

Mentres o sábado Nuno Louro será o primeiro en actuar ás 17 h ES na praza da República en Valença e ás 18.30 h,  no mesmo lugar, será a quenda de Yara Gutkin.  A cita musical trasladarase até Tui onde Manuel Madarnás actuará ás 21 h no Paseo da Corredoira e ás 22 h Pacheco Bros na praza do Concello.

O festival IKFEM, dirixido por Andrea González, ofrecerá doce concertos na Eurocidade Tui-Valença entre o xoves 20 e o martes 25. Abrirase cun concerto especial titulado “Dous sistemas solares” creado pola artista Delphine Coutant no que un piano flotante sobre o río. Pero tamén contarase con outros nomes destacados coma Vitorino Almeida, Katia Guerreiro ou Cremilda Medina, Antía Muiño, Daniel Pereira, Abraham Martínez ou a Fundación Alqvimia Musicae. A programación contempla tamén outras actividades paralelas coma a novidosa IKFEM Creativa, para a que está aberto o prazo de inscrición até o luns, ou o Balcón do IKFEM.  

O Parque do Laxal en Rebordáns volverá acollerá o martes 25, ás 21.30 h, a Noite Internacional do Miño coa participación dos grupos Hei Show Tamure de Tahití, Akademsko Drustvo Novi Beograd de Serbia e African Zebra Kings de África do Sur. O evento está organizado pola Escola de Baile e Música San Fins, coa colaboración do Concello de Tui.

Neste verán haberá dúas citas co cinema no Paseo Fluvial o venres 28 de xullo con “La canción del mar” e o venres 11 de agosto con “Encanto”.

O mes de agosto comezará co XVII Festival de música, patrimonio e creación Música no Claustro, dirixido por Samuel Diz, cuxa programación ao completo presentarase o 27 deste mes. Nestes momentos o festival ten aberta a inscrición para o Foro Resonancias.

O venres 18 de agosto, ás 21 h, na praza de San Fernando, celebrase o XXVIII Festival de Bandas de Música coa participación da Banda de Música Popular de Tui e a Banda de Música Unión Musical de Tenorio.

A programación do verán pécharase o sábado 19 coa celebración da XI Festa do Miño. Un actividade que terá o seu remate na rúa Compostela dende ás 20 h coa Festa Gastronómica coa participación de distintas asociacións culturais tudenses, e as actuacións de Troula Animación con “Rufino&Benito”, Latexo Percusión e Mekanica Rolling Band.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, sinala que con esta programación apóstase un ano máis pola oferta cultural e de lecer nos meses de verán na cidade, con actividades para todos os públicos. Sinala amais o agradecemento ás distintas entidades que coa colaboración do concello, levan a cabo a organización de parte destas actividades. Lembra amais Sonsoles Vicente, que no verán Tui conta cunha ampla oferta que amais desta programación organizada polo Concello as distintas parroquias tudenses acollen festexos e eventos organizados por comisións de festas e asociación que brindan 

Pola súa banda, o alcalde, Enrique Cabaleiro, salienta tamén coma nesta programa estival volvese tender pontes culturais na Eurocidade con apostas novidosas coma “Sons na rúa” ou o IKFEM, nun territorio transfronteirizo que presenta unha axenda única en Europa entre dúas cidades de dous países. Engade coma a oferta de lecer súmase aos atractivos que ten Tui  a nivel patrimonial, cultura, histórico, deportivo… e convida o rexedor a gozar deste “verán na rúa”.