Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Éxito de participación no I Torneo de Baloncesto 3x3 do Club Baloncesto Tui

26/07/2012

O pasado sábado celebrouse o I Torneo de Baloncesto 3x3, organizado polo Club Baloncesto Tui en colaboración co Concello de Tui, que se disputou na Praza de San Fernando, no que participaron máis de 70 xogadores nas diferentes categorías.

 

Na categoría Sub12 participaron 4 equipos, resultando gañador o NBA Team de Tui; 5 equipos disputaron a categoría Sub16, acadando o primeiro posto o equipo AKUNAMATATA de Tui; por último, na categoría Sénior, onde participaron 9 equipos, resultou gañador o equipo A FESTA DOS MANIQUIS de Vigo.

 

No descanso do torneo, celebrouse un campionato de lanzamentos triples, onde acadaron o primeiro posto, na categoría Sub12 Moisés do NBA Team, no Sub16 Julián Cendón dos Tranquilos e na categoría Sénior Mouriño, da Festa dos Maniquís.

 

O Concello de Tui quere felicitar ao Club Baloncesto Tui pola organización deste evento deportivo, nun dos marcos máis espectaculares de Tui, a Praza de San Fernando, ao carón da Catedral de Tui. Así mesmo, felicitacións pola recente organización do I Campus de Baloncesto, no que participaron máis de 40 nenos, e no que estiveron presentes, entre outros, Joe Arlaukas, un dos mellores americanos que pasou pola ACB, e Moncho López, ex-seleccionador nacional.