Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade Tui - Valença presentou os sues atractivos turísticos en Turexpo

26/02/2013

 

A EUROCIDADE TUI - VALENÇA PRESENTOU OS SEUS ATRACTIVOS TURÍSTICOS NA FEIRA TUREXPO

 

O Concello de Tui e a Câmara Municipal de Valença presentaron conxuntamente a súa oferta turística como Eurocidade na feira TUREXPO GALICIA 2013, no recinto feiral de Silleda, onte venres 22 de febreiro. O patrimonio histórico, o comercio tradicional, a gastronomia e o turismo de natureza foron os principais produtos turísticos a destacar pola Eurocidade, representada polo concelleiro de turismo de Valença, José Monte, e a concelleira de cultura de Tui, Vanesa Rodríguez.

 

A presenza da Eurocidade na TUREXPO da continuidade á actividade promocional desenvolvida con anterioridade como foi a participación en feiras como F.I.T.U.R. – Feira de Turismo de Madrid, a B.T.L.- Bolsa de Turismo de Lisboa, ou a Feira de Turismo Gallaecia de Vigo.

 

O comércio tradicional está representado na TUREXPO asi como a gastronomia cos pratos de “bacalhau” e os “borrachinhos” de Valença, o Caldo Verde e os peixiños de amendoa tudense, o patrimonio cultural coa sua monumentalidade e a candidatura a Património da Humanidade de Valença e mesmo o turismo de natureza coa Ecopista do Rio Miño e a rede de trilhos/andainas pedestres da Eurocidade.