Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade Tui - Valença en Turexpo

22/02/2013

A EUROCIDADE TUI - VALENÇA PRESENTA OS SEUS ATRACTIVOS TURÍSTICOS NA FEIRA TUREXPO

 

O Concello de Tui e a Câmara Municipal de Valença presentan conxuntamente a súa oferta turística como Eurocidade na feira TUREXPO GALICIA 2013, no recinto feiral de Silleda, hoxe venres 22 de febreiro. O patrimonio histórico, o comercio tradicional, a gastronomia e o turismo de natureza seran os principais produtos turísticos a destacar pola Eurocidade.

 

Valença e, consecuentemente a Eurocidade, foi considerada, estes dias, un dos 10 grandes destinos turísticos de Portugal, polo xornal español El País. Agora continua a reforzar a aposta na promoción turística conxunta  coa  participación da Eurocidade na TUREXPO.

 

A presenza da Eurocidade na TUREXPO da continuidade á actividade promocional desenvolvida con anterioridade como foi a participación en feiras como F.I.T.U.R. – Feira de Turismo de Madrid, a B.T.L.- Bolsa de Turismo de Lisboa, ou a Feira de Turismo Gallaecia de Vigo.

 

O comercio tradicional estará representado na TUREXPO asi como a gastronomia cos pratos de “bacalhau” e os “borrachinhos” de Valença, o Caldo Verde e os peixiños de amendoa tudense, o patrimonio cultural coa sua monumentalidade e a candidatura a Património da Humanidade de Valença e mesmo o turismo de natureza coa Ecopista do Rio Miño e a rede de trilhos/andainas pedestres da Eurocidade.