Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres proxección do filme de animación “Rango”

2/08/2012

Será ás 22.30h na Praza de San Fernando

 

Este venres, 3 de agosto, ás 22.30h proxectarase na Praza de San Fernando a película “Rango”.  Trátase dun filme para todos os públicos cunha duración de 101 minutos. Esta actividade forma parte da programación do verán organizada pola Concellería de Cultura de Tui.

 

O protagonista é un camaleón que decide darlle un xiro completo á súa vida, pasando de ser unha mascota doméstica a converterse no representante da autoridade no deserto de Mojave. É unha historia divertida, entretida e emocionante.

 

En caso de choiva a proxección terá lugar no Teatro Municipal, onde se deben retirar as entradas de balde, dende media hora antes do comezo da proxección, cun máximo de dúas por persoa. O aforamento no Teatro é limitado.

 

Cinema ao aire libre “Rango”

Lugar: Praza de San Fernando

Data: Venres, 3 de agosto ás 22.30h

 

*En caso de choiva será no Teatro Municipal. Nese caso retirar entradas de balde, máximo 2 por persoa, dende ás 22h. Aforamento limitado.