Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Entregado no Concello o proxecto reformado para acometer o desentullo

19/12/2018

Despois do informe emitido o venres pasado por Pablo Rivas, o arquitecto municipal asignado polo Concello de Tui a atender aos afectados da explosión de Paramos, no que este entendía que unha parte dos traballos inicialmente por parte representaba perigosidade e por tanto requiría actuación inmediata da administración, en particular o desentullo completo da totalidade da zona, para garantir a ausencia de partículas de amianto, a demolición da planta superior de tres edificacións en perigo de colapso e a estrutura e a consolidación dos muros que delimitan viario público para evitar posibles desprendementos dos seus elementos que poidan producir danos aos transeúntes.

Francisco Valle, o proxectista que xa realizara o proxecto anterior de desentullo modificouno para adaptarse ao informe do arquitecto municipal. O proxecto modificado foi enviado a nove empresas especializadas para que oferten co obxectivo de adxudicar a execución no pleno do 27 de decembro.

O venres 21 de decembro, o proxectista, Francisco Valle, o arquitecto municipal, Pablo Rivas, xunto co alcalde, Carlos Vázquez Padín informarán sobre o alcance do proxecto á dirección da Plataforma de afectados e posteriormente ofrecerán unha roda de prensa para aclarar todos os pormenores.