Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Entrega de diplomas dos cursos “Activate”

6/07/2013

Venres, 5 de xullo de 2013. O vindeiro luns, 8 de xullo ás 11,00 horas, terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui a entrega de diplomas aos alumnos participantes nos cursos do programa “Actívate” promovidos póla Deputación Provincial de Pontevedra en colaboración co Concello de Tui.

 

Neste acto estará presente o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, o deputado provincial, Pablo Baquero Álvarez, e a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes Moldes.