Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui inician as tarefas de mantemento dos campos de fútbol municipais de Tui

25/06/2012

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui promoveron, hai un días, tarefas de mantemento dos campos de fútbol municipais de herba artificial.

 

A empresa adxudicataria do contrato de mantemento iniciou os traballos no terreo de xogo de herba artificial das instalacións municipais “Álvarez Durán” de Tui. Pola mañá os traballadores fixeron a limpeza do campo, pasaron o peite pola herba artificial, cepillándoa, descompactaron o caucho actual e encheron a superficie con novo caucho .

 

No día seguinte este persoal traballou no campo municipal de Ribadelouro, coa intención de deixar as instalacións municipais en perfectas condicións para o inicio da tempada no mes de agosto.

 

Para o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo Montes, estas intervencións testemuñan o traballo diario que realiza o Concello de Tui para que as numerosas instalacións municipais dedicadas ao  deportes se atopen nas mellores condicións posibles para que deportistas e afeccionados poidan disfrulatas axeitadamente.