Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación de Tui celebra o luns 1 de abril pleno ordinario con 20 puntos na orde do día

27/03/2024

A corporación municipal de Tui celebrará o próximo luns, 1 de abril, ás 20 h pleno de carácter ordinario, a sesión 3/2024, con 20 puntos na orde do día. 

A) Parte resolutiva

1º. Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión extraordinaria anterior nº 2 do 01/02/2024.

2º. Expediente 2812/2023. Ditame da Comisión informativa de Obras, Servizos Municipais, Servizos Sociais e Persoal favorable á proposta da Alcaldía do 18/03/2024. Disposicións Normativas (Aprobación, Modificación ou Derrogación). Aprobación inicial da Ordenanza reguladora do Servizo de Taxis no Concello de Tui.

3º. Expediente 629/2024. Ditame da Comisión informativa de Obras, Servizos Municipais, Servizos Sociais e Persoal favorable á proposta da concelleira delegada de Comercio de data 18.03.2024. Aprobación inicial da Ordenanza reguladora do Mercado Municipal de Abastos do Concello de Tui.

4º. Expediente 2347/2022. Ditame da Comisión informativa de Obras, Servizos Municipais, Servizos Sociais e Persoal favorable á proposta da Alcaldía do 18/03/2024.  ancomunidades e outras Entidades Locais (Creación, Modificación ou Supresión). ADHESIÓN AO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE.

5º. Expediente 1999/2023. Ditame da Comisión informativa de Economía, Facenda e Contas favorable á proposta do concelleiro delegado de facenda do 01/02/2024. Bonificación ou Exención Tributaria. Bonificación do 50% do ICIO obras de "CAMBIO DE CUBRICIÓN EN CUBERTA DE INMOBLE" en rúa Obispo Lago, 29.

6º. Expediente 2377/2023. Ditame da Comisión informativa de Economía, Facenda e Contas favorable á proposta do concelleiro delegado de facenda do 14/03/2024. Imposición e Ordenación de Tributos. Modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles do Concello de Tui. 

7º. Expediente 2590/2023. Ditame da Comisión informativa de Economía, Facenda e Contas favorable á proposta da Alcaldía do 11/03/2024. Imposición e Ordenación de Tributos. Establecemento do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana e aprobación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana do Concello de Tui. 

8º. Expediente 909/2024. Ditame da Comisión informativa de Economía, Facenda e Contas favorable á proposta do concelleiro delegado de facenda do 14/03/2024 . Expediente de modificación de créditos 8/2024 - 1 Suplemento de crédito. 

9º. Expediente 818/2024. Ditame da Comisión informativa de Economía, Facenda e Contas favorable á proposta do concelleiro delegado de facenda do 13/03/2024. Expediente de modificación de créditos 7/2024 - 1 Crédito extraordinario. 

10º. Expediente 775/2024. Ditame da Comisión informativa de Economía, Facenda e Contas favorable á proposta do concelleiro delegado de facenda do 13/03/2024. Recoñecemento extraxudicial de créditos nº1 2024. 

11º. Expediente 1023/2024. Recoñecemento Extraxudicial de Créditos 

12º. Expediente 73/2024. Ditame da Comisión informativa de Urbanismo, Patrimonio e Contratación favorable á proposta do concelleiro delegado de Urbanismo do 18/03/2024. Disposicións Normativas (Aprobación, Modificación ou Derrogación). Aprobación inicial de Ordenanza Reguladora da Tramitación das Licenzas Urbanísticas e otras formas de Intervención Administrativa. 

13º. Expediente 1375/2017. Ditame da Comisión informativa de Urbanismo, Patrimonio e Contratación (sesión do 23/01/2024 onde se ditamina favorablemente a proposta da Alcaldía de data 29/02/2024). Revisión de oficio da Licenza urbanística para “Proxecto de legalización de obras realizadas e básico de rehabilitación e reforma de vivenda unifamiliar”, en Randufe- Cota de Gaio nº 32 outorgada a D. Manuel Miguez Gómez. 

14º. Acordo CIOSMSSP sobre MOCIÓN DO BNG. Denominar á senda do Furnia co nome de AGATHA BROESKAMP. Denominar á senda do Furnia co nome de AGATHA BROESKAMP. 

B) Actividade de Control: 

15º. Expediente 190/2024. Dar conta do decreto da liquidación do orzamento xeral 2023

16º. Expediente 236/2024. Información Económico-Financeira. Informe de morosidad e pmp correspondente ao cuarto trimestre do 2023. 

17º. Expediente 247/2024. Información Económico-Financeira. Dar conta do avance da liquidación xeral no 4º trimestre do 2023. 

18º. Dación de conta das resolucións ditadas desde o núm. 2023-1732, de 27/11/2023 ata o núm. 2024-0354, de 20/03/2024. 

19º. Dación de contas. Informe da AEDL das subvencións e disposicións de interese dende decembro ata febreiro do ano 2024.

 C) Rogos e preguntas: 

20º. Rogos e preguntas.

 

Convocatoria Sesión Plenaria 3/2024 de pleno ordinario do luns, 1 de abril de 2024