Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria de Eu Rural para a selección para a contratación dunha persoa con perfil de xestor/a de proxectos e especialista en administración xeral

25/09/2023

O prazo de presentación de solicitudes para a participación no procedemento selectivo ata o 14 de outubro

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural fai pública a Convocatoria do procedemento de selección para a contratación dunha persoa con perfil de xestor/a de proxectos e especialista en administración xeral, no marco do Programa LEADER Galicia 2014-2020 e do PDR de Galicia, segundo o disposto na Instrucción nº1/2016 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural AGADER.

O prazo de presentación de solicitudes para a participación no procedemento selectivo é de 20 días naturais a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio (remata o 14 de outubro).

A presentación de solicitudes poderá facerse a través das seguintes vías:

  • Preferiblemente por vía telemática, a través de formulario na web eurural.org
  • Excepcionalmente de xeito presencial na sede da asociación en Avenida Peinador, 39 – 1º andar, Tameiga, 36416 Mos, Pontevedra.

Toda a información e as bases do procedemento están dispoñibles na web www.eurural.org

Bases Procedemento selectivo de xestor ou xestora de proxectos e especialista en administración xeral