Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Comeza “De Tapas por Tui”, unha iniciativa na que participan 18 hostaleiros ata o 24 de febreiro

25/01/2013

Hoxe comeza “De Tapas por Tui”

É unha iniciativa na que participan 18 hostaleiros ata o 24 de febreiro

 

Xoves, 24 de xaneiro de 2013. Dende hoxe, 24 de xaneiro, e ata o 24 de febreiro desenvólvese en Tui a iniciativa “De Tapas por Tui”. Xurde dun grupo de locais de hostalaría co apoio do Concello de Tui.

 

Esta actividade foi presentada esta mañá por Marina Cruces e Manuel Cerviño, en representación dos locais participantes, acompañados polo concelleiro do Conxunto Histórico, Nicolás Lorenzo, e o concelleiro de Formación e Emprego, José Ángel Villaverde.

 

“De Tapas por Tui” é unha ruta na que participan un total de 18 establecemento hostaleiros de todo o casco urbano dende a Avenida da Concordia á Avenida de Portugal. Están clasificados por cores en función da súa actividade: cafeterías e bares; taperías, restaurantes e pizzerías; bocaterías; e copas e cócteles. En cada un deles ofrecerase unha tapa por 2€ dende o almorzo e durante todo o día, salvo no caso de copas, cócteles e combinados que funcionarán pola noite. As persoas que completen toda a ruta entrarán no sorteo de agasallos, para non perderse hai xa unha serie de mapas co percorrido completo. Amais cada cliente poderá puntuar de 1 ao 10 as tapas de cada establecemento. Cada local deberá realizar entre 1 e 3 tapas dentro da súa especialidade caracterizadas pola creatividade.

 

Marina Cruces sinalou que este é o mellor momento para este tipo de iniciativas que espertan inquietudes e atraen ao público os distintos locais.

 

O concelleiro do Conxunto Histórico, salientou que esta é unha iniciativa moi interesante, e animaba aos tudenses e visitantes a participar e degustar as tapas que teñen preparadas durante este mes. Engadía que en momentos como os actuais hai que aunar esforzos para sortear as dificultades. 

 

O porgrama pódese consultar en http://concellotui.org/archivos/documentos_50_o.pdf