Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Comenzaron as actividades da xornada da cultura xudía con visitas escolares á colección de Sambenitos.

26/09/2013

Comezaron onte as visitas didácticas á colección de sambenitos da Catedral de Tui que se exhiben no Museo Diocesano tudense; un grupo de case cincuenta alumnos do CEIP nº 2 de Tui participaron nesta visita dirixida polo técnico do concello tudense, Rafael Sánchez.

 

No decurso do seu percorrido os rapaces puideron coñecer os principais elementos que caracterizan a estas pezas que testemuñan os procesos do Tribunal da Inquisición realizados, a principios do século XVII, en persecución do conversos que aínda mantiñan as súas anteriores crenzas xudaicas.

 

Esta actividade forma parte do programa de eventos que organiza o Concello de Tui para celebrar na nosa cidade unha nova edición da “Xornada Europea da Cultura Xudía” que se desenvolverá na nosa cidade ao longo da vindeira fin de semana con diversas visitas guiadas polas testemuñas da presenza xudía na histórica cidade de Tui.

 

O programa comprende:

* Exposición: “Sefarad en Oriente, la diáspora sefardí en los Balcanes y Mediterráneo Oriental” de 17 de setembro a 15 de outubro en Sala Municipal de Exposicións, organiza Centro Sefarad-Israel

* Exposición sobre “Francisco Sánchez” en Oficina Municipal de Turismo. De venres 20 a domingo 29

* Visitas didácticas á colección de “Sambenitos” do Museo Diocesano de Tui para grupos escolares. Colabora Museo Diocesano.

* Venres 27: Visita guiada nocturna: “Convivencia e Inquisición”, 21,00 horas. Inicio na “Porta da Pía”

* Sábado 28:  Visita guiada polo Tui xudeu: 12,00 h. Inicio no barrio da Sarabia (Fonte Riomuiños)

* Domingo 29:  12,00 h.: Visita guiada polo Tui xudeu. Inicio Adro norte da Catedral

18,30 h.: Visita polo Tui de Francisco Sánchez. Inicio na Praza de San Fernando

 

As diversas visitas guiadas, de similares características pretenden ofrecen alternativas horarias aos numerosos interesados nas mesmas e evitar así un  número excesivo de participantes que impide un desenvolvemento axeitado das mesmas.