Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal incrementa o seu fondo local

5/03/2013

A BIBLIOTECA MUNICIPAL INCREMENTA O SEU FONDO LOCAL CON NOVAS OBRAS DE CARÁCTER HISTÓRICO

 

Martes, 5 de marzo de 2013. A Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa incrementando a súa colección de obras de carácter local coa incorporación das novidades bibliográficas que son editadas sobre a nosa cidade ou por autores locais pero tamén amplía a súa colección coa adquisición de obras de carácter histórico que enriquecen este fondo local á disposición de todos os cidadáns.

En concreto, as últimas obras incorporadas son as seguintes:

 

-         

A primeira edición en español das “Memorias Históricas de Australia” de Frei Rosendo Salvado editadas no ano 1853 e que completan a primeira edición desta obra realizada en Italia en 1851 e que xa fora adquirida pola Biblioteca tudense no pasado ano 2011.

 

-         

Tamén se incorpora ao fondo local outra obra do século XIX do cóengo tudense Ricardo Rodríguez Blanco titulada “Apuntes históricos de la Santa Iglesia Catedral, Ciudad y antigua diócesis de Tuy”, editada en Santiago en 1879.

 

-         

Outra interesante publicación adquirida polo Concello tudense con destino á Biblioteca Municipal é a obra de José González Paramos “Estudio bibliográfico y critico de la prensa periódica tudense” editado en Madrid no ano 1918.

 

-         

Tamén foron adquiridas dúas obriñas do tudense José Calvo Sotelo: “En defensa propia” (1932) e “Las responsabilidades políticas de la Dictadura, un proceso histórico” (1933)

 

-         

E finalmente esta achega de obras locais foi completada coa merca de cinco publicacións editadas en Arxentina de Tirso Lorenzo, tudense de nacemento. En concreto as seguintes:

o       

“El celibato del doctor Adonis” (1932), novela

o       

“Acción Hispanista” (1932)

o       

“Antología de motivos poéticos” (1928)

o       

“Nuevos horizontes del idioma” (1936)

o       

“El doctor Hipólito Irigoyen y el idea hispanoamericano” (1928)

 

O fondo local é unha das secciones da Biblioteca Municipal tudense que pretende reunir o conxunto máis amplo posible de obras sobre a nosa localidade ou de autores tudenses para ofrecer un servizo máis completo aos usuarios e investigadores sobre a nosa cidade. Segundo informa a concelleira de cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, estas obras foron adquiridas polo Concello de Tui coa finalidade de enriquecer a colección local da nosa biblioteca e convertela nun lugar de referencia para calquera investigación sobre a nosa historia.