Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Aula da UNED organiza un curso de “Iniciación ao teatro e as artes escénicas”

29/10/2012

Comeza este venres e aínda hai prazas

 

A Aula da Uned de Tui continúa organizando neste curso 2012-2013 novas cursos de formación que achegan aos veciños de Tui e a súa contorna un amplo abano de actividades que enriquecen a oferta educativa deste centro universitario. Agora presenta un curso de “Iniciación ao teatro e ás artes escénicas” impartido por acreditados profesionais de España e Latinoamérica.

 

O teatro e as artes escénicas achégannos á nosa parte emocional, á imaxinación, á creatividade e á creación, pero ademais proporcionan unha gran riqueza de recursos  que facilitan o crecemento humano xa que permiten o desenvolvemento de aptitudes  do corpo como medio de expresión e inflúen na capacidade de adaptación a situacións cotiás. Ao longo deste curso aprenderemos, entre outras destrezas, a eliminar bloqueos, timidez, lograr a desinhibición, a desenvolver a concentración, a traballar en equipo, a ter en conta as necesidades do outro. Desenvolveremos a imaxinación, a capacidade de escoita, perderemos o medo ao ridículo e a falar en público... para alcanzar resultados artísticos.

 

DESTINATARIOS. Público en xeral de todas as idades, e en particular todas aquelas persoas que participan en actividades culturais ligadas ao teatro e ás artes escénicas.

 

OBXECTIVO: O obxectivo final deste curso é  que os participantes dominen as capacidades básicas de interpretación e de xestión teatral para chegar a ser capaces de montar obras de teatro e  representalas ante un público.

 

CONTIDOS

 

  • Historia do Teatro (3 horas)
  • Interpretación (12 horas)
  • Escenografía (3 horas)
  • Dirección de actores (3 horas)
  • Técnicas de expresión teatral (3 horas)
  • Xestión teatral (3 horas)
  • Crítica de teatro español contemporáneo  (3 horas)

 

DATAS: Venres, 2, 9, 16 e 30 de novembro;  21 de decembro de 2012; 18 e 25 de xaneiro, 01 e 22 de febreiro; 11 de abril de 2013 de 17:00 a 20:00.

 

 

METODOLOXÍA: Todo o estudo realizarase a través da montaxe e interpretación dunha obra concreta de forma que os participantes terán unha implicación activa e participativa no proxecto.

 

DURACIÓN: 30 horas presenciais

 

PREZO: 60 euros.

 

MATRICULA: exclusivamente on-line a través dos seguintes enlace:

www.unedpontevedra.com/tui

http://extension.uned.es/actividad/4240&codigo=IATYL

 

Para a concelleira de educación e cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, este curso é unha ocasión excepcional para todos os afeccionados ao teatro de achegarse a unha formación a cargo de profesionais das artes escénicas de primeira liña. En poucas oportunidades será posible contar cun plantel de profesores de tan alta traxectoria como neste curso que organiza a Aula da Uned de Tui.

 

 

CURRICULUM PROFESORES

 

Profesionais de recoñecido prestixio procedentes de España e Latinoamérica:

 

Carmen Luna Sellés

 

Profesora Titular de la Universidad de Vigo y doctora en Filología Hispánica ha publicado de forma individual o en colaboración varios libros y artículos sobre autores de origen gallego que desarrollan su obra en Latinoamérica. Recientemente ha publicado el prólogo de la cuarta serie de los Episodios Nacionales de Benito Pérez Galdós editados por Ediciones Destino y ha sido editora, junto a Carmen Becerra, del libro Intermediaciones. Las mediaciones en el cine, la novela y el teatro. Sus líneas de investigación se centran en las relaciones culturales entre Galicia e Hispanoamérica. Ha sido profesora visitante en el Graduate Center de la City University of New York (CUNY) y ha impartido conferencias en Durhand (Inglaterra), Florianópolis y Foz de Iguazú (Brasil), Bérgamo (Italia), Kiel (Alemania) y Asunción (Paraguay) entre otros lugares. Actualmente es coordinadora del Máster de Artes Escénicas de la Universidad de Vigo.

 

 

 

Vanesa Sotelo

 

(Cangas do Morrazo, 1981) é directora teatral, actriz e dramaturga. Formada en Dirección de Escena na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, a súa actividade aparece ligada á compañía Inversa Teatro para a que traballa como actriz e dirixe os espectáculos A illa das mulleres loucas  e Kamouraska –unha creación contemporánea presentada en festivais internacionais de Galicia, Brasil e Colombia-. Dramaturga residente para o Centro Dramático Galego en 2008 e  artista residente para a mesma institución en 2009, en 2010 acada o Premio do Xurado do IV Certame “Diario Cultural” coa obra Indoor e o XIII Premio Robrenyo con Memoria do incendio. En 2011 obtén o VI Premio Abrente de Textos Teatrais con Campo de covardes. Vanesa Sotelo é subdirectora de la Revista Galega de Teatro e colaboradora do xornal www.artezblai.com.

 

Alejandra Montemayor Suárez:

 

Titulada superior en Arte Dramático, especialidad Escenografía por la ESAD (Escuela Superior de Arte Dramático) de Córdoba, y cuenta con el Máster profesionalizador de Posgrado en Diseño de Iluminación Arquitectónica (MasterDIA) por la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Inició su trayectoria profesional como fotógrafa publicando para la Editorial Condé Nast. Ha trabajado para diversas compañías como iluminadora, escenógrafa y figurinista, obteniendo el Premio a la Mejor Escenografía Sevilla Teatro Joven 2008. Ha colaborado con el CEI (Comité Español de Iluminación) redactando el capítulo sobre Iluminación Teatral para su Libro Blanco. En la actualidad imparte clases de Iluminación en la ESAD de Galicia y colabora como profesora invitada en el MasterDIA de la Universidad Politécnica de Madrid.

 

 

Alai García Diniz:

 

Profesora de la Universidad Federal de Santa Catarina, Florianópolis (Brasil). Possui doutorado em Letras (Língua Espanhola e Lit. Espanhola e Hispano-Americ.) pela Universidade de São Paulo (1997) e pós-doutorado pela Universidad de Granada. Atualmente é 40 horas do Centro de Comunicação e Expressão – UFSC, PQ nível 2 do Conselho Nacional de Desenvolvimento Científico e Tecnológico e nível Associado II da Universidade Federal de Santa Catarina. Fundou o Curso de Artes Cênicas e foi coordenadora do curso entre 2008 a 2010. Tem experiência na área de Letras, e atua na Pós-Graduação em Literatura com ênfase na área de Literatura e Artes orientando teses em estudos intermidiáticos, literatura & fronteiras; oralidade, performance, literatura hispano-americana e literatura comparada, e a partir de 2009 atua também no programa dePós-Graduação em Tradução.

 

Natalia Balseiro Rodríguez:

 

Formada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, Ciencias e Técnicas do Corpo e Xestión Cultural leva máis de doce anos operando no sector cultural no ámbito local, autonómico, nacional e internacional. Traballou como Técnico de Cultura no Concello de San Sadurniño, como Responsable de Formación da Rede Española de Teatros e foi a Directora do Centro Coreográfico Galego entre 2006 e 2009, na actualidade colabora como consultora externa para diferentes artistas, organizacións e colectivos. Na actualidade é Directora do Mov-s, Encontro Internacional de Danza e Artes do Movemento de Barcelona.

 

 

Eduardo Pérez-Rasilla:

 

Profesor Titular de Literatura en la Universidad Carlos III de Madrid en donde imparte docencia de Historia de la literatura e Historia del teatro. Además de ejercer la crítica teatral en diversos medios ha publicado numerosos trabajos en relación con la creación dramática contemporánea española.