Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aprazada ao vindeiro domingo 6 de outubro a "Festa no Pracer: vive o conxunto histórico"

27/09/2013

As previsións meterolóxicas aconsellan esta decisión

 

Baixo o lema “Festa no Pracer: vive o conxunto histórico”  o Concello de Tui coa colaboración de varios locais da zona de intramuros organizaba este domingo 29 de setembro unha serie de actividades que van ter lugar nas prazas do Pracer, a Armada, a Estrela e San Telmo.  Esta actividade da continuidade a primeira festa celebrada no pasado ano co gallo dos 150 anos da urbanización desta praza e que contou cunha ampla participación popular, agora neste ano 2013 baixo o nome de “Festa no Placer”  o Concello de Tui impulsa esta actividade de dinamización do conxunto histórico tudense.

 

Artesanía, gastronomía, folclore, concertos, espectáculo para nenos e visitas guiadas eran algunhas actividades programadas e que agora debido as previsión meteorolóxicas que anuncian chuvia para esta fin de semana se trasladan ao vindeiro domingo 6 de outubro.

 

O Concello de Tui agradece a comprensión de todos os participantes e colaboradores así como dos veciños en xeral por esta decisión.

 

 

Domingo 6 de outubro - PROGRAMA

Prazas do Pracer, Estrela, Armada e San Telmo

 

 

11,15 h. (Praza do Pracer e da Armada)

Inauguración e entrega premios concurso de balcóns

Pasarrúas por grupo de gaitas “San Xoán” de Paramos

 

Exhibición do telleiros do Rosal ao longo do día

Apertura dos stands de artesáns na Praza do Pracer (de 11,15 a 14,30 e de 17,00 a 20,30 h)

 

12,30 h. (Praza da Estrela)

Gastronomía coa participación dos seguintes establecementos “Monumental”, “A muralla”, “Vinoteca de García”, “Jaqueivi”, “A Adega”, “Viños e tapas”, “Pizzeria Di Marco” e “Remesal”. Convidado: Parador “San Telmo”

 

17,00 h.

Pasarrúas polo grupo folclórico “Santa Columba” de Ribadelouro

 

17,30 h. (Praza de San Telmo)

Espectáculo "Cirkote Teatro & Circo de rúa” con Kote Malabar.

 

18,00 h.

Pasarrúas polo grupo de baile “Refaixos e Polainas” de Baldráns

 

18,30 h.

Visita guiada polo conxunto histórico. Inicio Praza da Armada.

 

19,30 h. (Praza do Pracer)

Concerto de Adaiko Percusión Group. Patrocina Agadic.

 

Organiza: Concellería de Conxunto Histórico e Concellería de Cultura do Concello de Tui