Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Apertura das inscricións para a Carreira Popular de San Telmo 2024

8/03/2024

Este evento solidario, a favor da Asociación SOS Tomiño Baixo Miño, celebrarase o sábado 6 de abril, dende o Paseo da Corredoira

Hoxe venres, 8 de marzo, abriu o prazo de inscrición para a Carreira Popular de San Telmo 2024, proba deportiva organizada polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui, que terá lugar o sábado 6 de abril, a partir das 11.00 horas, dende o Paseo da Corredoira. Como en anteriores anos a carreira terá carácter solidario a favor da Asociación SOS Tomiño Baixo Miño.

O prazo de inscrición está aberto dende hoxe ata o mércores 3 de abril, ás 22.00 horas, a través da web do Club Atletismo Tui, www.clubatletismotui.wordpress.com. O día da carreira, na recollida do dorsal, deberase entregar un quilo de alimentos non perecedoiro. Non se admitirán inscricións fora do prazo, nin no mesmo día da proba.

A Carreira Popular de San Telmo contará con distintas categorías, dende os pitufos, nados nos anos 2021, 2020 e 2019, ata os veteráns B, nados no ano 1978 ou con anterioridade.

Carreira Popular de San Telmo | Club Atletismo Tui

Regulamento Carreira Popular San Telmo 2024

Formulario de inscrición