Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ampliado o prazo de inscrición no curso de “Deshabituación Tabáquica”

28/01/2013

AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA QUE PROMOVE O CONCELLO DE TUI

 

Luns, 28 de xaneiro de 2013. O Departamento de Prevención de Drogodependencias da Concelleria de Servizos Sociais do Concello de Tui informa que se amplía o prazo de inscrición no curso de “Deshabituación Tabáquica”, que organiza en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.

 

Todos aqueles interesados en anotarse poderán facelo achegándose as dependencias de Servicios Sociais, a través do e-mail paula.ssociais@concellotui.org ou no teléfono 986603625. Poderán asistir todos os fumadores maiores de 18 anos que queiran deixar de fumar. Este é un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono.

 

O curso consta de 7 sesións cunha duración de hora en media cada unha, será en horario de tarde, probablemente de 18.30 a 20.00 horas. Necesitase un número mínimo de 12 persoas para poder levalo a cabo.

 

Dende a Concellería de Servizos Sociais, se anima a toda aquela persoas que queren deixar de fumar e non o consegue, a participar neste curso pois, en palabras da concelleira Olga Montes Moldes, este tipo de terapias que brindan  apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas son unha das ferramentas máis exitosas para lograr o abandono do tabaquismo